Lembra enviar os teus datos entrando no blogue de titoría


Marga L. Periago IES Perdouro

8 jun 2012

INSTRUCCIÓN SLEEP


A instrucción SLEEP é utilizada para colocar o PIC en Power Down Mode e reducir a corrente absorbida, que pasará duns 2 mA (a 5 volt e o clock en 4MHz) a uns 2uA, ou sexa, unhas 1000 veces menos.
Para entrar en Power Down Mode basta insertar a instrucción SLEEP en calquera parte do programa.
Calquera instrucción seguinte a SLEEP non será efectuada polo PIC o cal finalizará neste punto a execución, apagará os circuitos internos, excepto aqueles necesarios para manter o estado dos portos de I/O e aqueles co sacarán desa condición.
Para despertar ó PIC  utilizaranse diversas técnicas:
  • Reset do PIC levando a cero o pin 4 (MCLR).
  • Timeout do Watch Dog Timer (si está habilitado).
  • Verificación dunha interrupción (interrupción dende o pin INT, interrupción IOC, finalización da escritura sobre a EEPROM).
Nos dous primeros casos, o PIC é reseteado e a execución é retomada na dirección 0 de memoria.
No terceriro caso, o PIC se comporta como no caso dunha interrupción normal,  retomando a execución despois da instrucción SLEEP.

Pull-up

As resistencias pull-up so son activas nas patiñas configuradas como entradas de tal xeito que as pull-up quedan desabilitadas en aquelas patiñas configuradas como saídas, é dicir, non poderemos usar as pull-up como resistencias limitadoras dun LED conectado nunha saída.


5 jun 2012

Animación motor PAP

Na seguinte ligazón, pódense ver diferentes simulacións do funcionamento de motores paso a paso http://de.nanotec.com/schrittmotor_animation.html

So tendes que elixir o tipo de motor, e a velocidade.


 
Esta imaxe foi sacada do blogue Txapuzas electrónicas
 
 

Titorial motores PAP

Na páxina de "micropap", atopei este titorial de motores paso a paso realizado por Jesús Caúm que explica como traballar con este tipo de motores. http://www.micropap.com/





Estas son algunhas das cousas que se poden atopar no manual: