Lembra enviar os teus datos entrando no blogue de titoría

Marga L. Periago IES Perdouro

7 abr 2011

Científicos indios fabrican chips máis eficientes con sangue humano

Científicos do Education Campus Changa en Gujarat, India, fabricaron o compoñente para chips 'memristor' mediante sangue humano. Os investigadores consideran que o sangue pode mellorar a resposta desta resistencia e podería optimizar o fluxo de electricidade dos compoñentes.

Un 'memristor' é unha resistencia variable que se activa cos cambios de corrente. Esta parte dos chips e dos circuítos eléctricos ten un peso específico na optimización da electricidade e é capaz de almacenar información.

O seu deseño e composición son fundamentais e por iso os investigadores buscan novos materiais que optimicen o seu rendemento. O último foi o sangue.

Os investigadores indios publicaron un artigo sobre a súa investigación na revista científica Inder Sciencie. No Abstract do artigo aseguran que realizaron experimentos nos que xeraron 'memristors' a partir de sangue humano, buscando mellorar as capacidades de resistencia eléctrica do compoñente.

Os responsables do proxecto aseguran que o experimento podería reportar grandes aplicacións para o campo da saúde humana e melloras no terreo da electrónica e a tecnoloxía.

A investigación fixo probas cos novos 'memristors' baseados en sangue humano e tamén en circuítos completos con características similares. Os experimentos foron un éxito e os investigadores rexistraron melloras na resposta dos compoñentes baseados nesta nova tecnoloxía.

Vía: Inder Sciencie

Vía: Inder Sciencie (http://www.inderscience.com/search/index.php?action=record&rec_id=39073&prevQuery=&ps=10&m=or)

No hay comentarios:

Publicar un comentario